A pesar de que ambos estiveron presentes desde a miña infancia, o uso que lle dou ao ordenador respecto ao móbil é maior. A diferencia do móbil, ao ordenador doulle principalmente un uso académico posto que nel é moito máis práctico realizar presentacións e investigacións dunha maneira moito máis sinxela, práctica e rápida que se o tivéramos que facer desde os nosos móbiles. Ademais, a través del tamén descargo e vexo todas as películas e series, e diversos xogos online, que son algunhas das cousas nas que emprego o meu tempo libre. Aínda que non é algo que poida ter sempre ao meu alcance polas súas dimensións, e darlle o uso que necesite, en caso de contar con tempo de lecer úsoo bastante máis que o móbil. Ao móbil doulle un uso máis limitado, cando non me encontro na casa e non podo ter acceso a un ordenador. Desde el comunícome cos amigos e familiares (principalmente a través de WhatsApp), reviso a diario as redes sociais (Instagram, Facebook, Snapchat), ou par...