PrácTICa 03: Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?
A pesar de que ambos estiveron presentes desde a miña infancia, o uso que lle dou ao ordenador respecto ao móbil é maior.
A diferencia do móbil, ao ordenador doulle principalmente un uso académico posto que nel é moito máis práctico realizar presentacións e investigacións dunha maneira moito máis sinxela, práctica e rápida que se o tivéramos que facer desde os nosos móbiles.
Ademais, a través del tamén descargo e vexo todas as películas e series, e diversos xogos online, que son algunhas das cousas nas que emprego o meu tempo libre.
Aínda que non é algo que poida ter sempre ao meu alcance polas súas dimensións, e darlle o uso que necesite, en caso de contar con tempo de lecer úsoo bastante máis que o móbil.
Ao móbil doulle un uso máis limitado, cando non me encontro na casa e non podo ter acceso a un ordenador. Desde el comunícome cos amigos e familiares (principalmente a través de WhatsApp), reviso a diario as redes sociais (Instagram, Facebook, Snapchat), ou para ver vídeos que descarguei anteriormente no ordenador. Ademais, con el saco fotos e vídeos para recordar todas as experiencias vividas, que despois subo a Google Fotos para poder velas e ordenalas desde o ordenador, e deste xeito tampouco me ocupan almacenamento do teléfono.
Aínda que uso máis o ordenador que o móbil, non o condidero máis nin menos importante, senón que creo que os dous son imprescindibles no noso día a día. Resultaríanos imposible vivir sen eles se, de repende, deixaran de existir, pois son os que van marcando o avance da tecnoloxía, e a través deles podemos facer practicamente todo. Ás veces, non nos paramos a pensar neso e non lle damos importancia porque sempre tivemos á nosa man a opción de obter todo tipo de información en cuestión de segundos, pero fai uns poucos séculos non había practicamente nada desto e cada un tíñase que valer dos seus propios medios para obter o necesario. Debemos ser conscientes que, grazas a eles, temos todo ao noso alcance, aínda que isto pode chegar a ser perigoso ou causar adición a ambas, que conleva a aislarnos do que nos rodea.
Desde o meu punto de vista, ambos son imprescindibles; sen embargo, co paso dos anos o móbil estase a utilizar cada vez máis, incluso hai moitas persoas que non saben usar un ordenador polo feito de que lles parece moito máis complexo, aínda que realmente non é así. Si é certo que o móbil o temos máis a nosa disposición polo pequeno tamaño que ten, pero cun ordenador podemos levar a cabo moitas máis cousas e de forma moito máis rápida e eficaz.
A primeira vez que estiven fronte a un ordenador foi aos 8-9 anos, sempre me gustou facer todo desde el, incluso cando tiven o meu primeiro móbil, 3-4 anos despois, seguía preferindo o ordenador.
Un dato curiosoé que tanto o ordenador como o móbil fixeron que prescindira por completo da televisión, pois as noticias e as series míroas e descárgoas desde eles.
Aínda que no curso anterior non contei con esta asignatura, sempre me chamou a atención porque a considero distinta a todas as demais. Principalmente, gustaríame aprender algo sobre programación, así como tamén seguir traballando con programas de retocado de imaxes, xa que me parece un tema moi entretido.



Comentarios
Publicar un comentario