PrácTICa 14: Ciberactivismo
Ata o momento non tiven unha participación ciberactivista. Sen embargo, coñezo este movemento tanto polo grupo Anonymous (que son persoas que loitan contra as inxustizas que se presentan día a día a través de ciber ataques para que así os cheguemos a coñecer máis e se lles faga moito máis sinxelo difundir as propostas cun maior éxito), como por experiencias que compañeiros meus tiveron con isto.
Pese a que non contribuín a difundir ningunha causa ata o momento, algunhas persoas coas que me relaciona si o fan e, tendo en conta o que adoitan contar ao respecto, a súa opinión, non é moi favorable.
É certo que a través das redes sociais podemos difundir propostas que se presentan día a día con moita máis facilidade para acadar os nosos obxectivos, pero cónstame que adoita xerar bastante desconfianza, motivo polo cal moitas persoas decidan non participar nestes movementos deste xeito.
Ademais, algo que adoita ocurrir é o feito de que, por exemplo, que unha causa teña moitos miles de firmas non nos impacta tanto nin é tan significativo como ver a miles de persoas nas rúas, loitando polos seus dereitos. Debemos ter tamén enc onta que os movementos nas rúas van a durar un tempo determinado, unhas poucas horas, consígase ou non o propósito; sen embargo, as firmas das diversas páxinas van a perdurar moito máis no tempo.
Desde o meu punto de vista, a pesar de que páxinas como Charge e Aavazt promoven a difusión de determinadas causas sociais con certo interese, considero que nada nos pode garantizar que o que se propón realmente se vai cumprir, nin sequera que o diñeiro e as firmas a recaudar van a ir dirixidas a ese propósito. Ademais, as novas tecnoloxías poden conducir a que pensemos que para difundir algo serve con que compartamos certos vídeos ou lle demos "like".
Ata o momento, considero que podemos aportar o noso gran de area mediante outros medios, principalmente pola desconfianza que soen xerar as redes. Para iso, tamén están presentes manifestacións ou outros movementos sociais que se organizan frecuentemente. Sen embargo, é certo que cada vez as novas tecnoloxías se están apoderando do que ata entón se adoitaba facer, polo tanto cada vez máis persoas prefiren facer uso destas para contribuír en causas ou para outros propósitos.
Basicamente por comodidade, aínda que si é certo que podemos difundir calquera cousa con moita máis facilidade.
A cuestión que teño respecto a isto é por que, en xeral, cada vez máis xente, incluíndome a min, se desentende máis do que lle rodea cando podemos contribuír moito máis do que pensamos.

Nesta ocasión, o tema que escollín para difundir nas distintas redes sociais ten como obxectivo financiar un novo fármaco que ofrece unha cura á diabete de tipo 1 que, aínda que non se lle da demasiada importancia a pesar de que cada vez se está volvendo máis común, pode chegar a ser moi grave, e máis porque ese problema sempre vai estar presente nos nosos organismos.
Para ver a diferenza nos resultados, decidín dar pouco máis de 3 semanas de marxe para logo comentar o ocurrido.
Agora podo afirmar que, se nolo propoñemos, podemos brindar unha gran axuda a este tipo de causas. Sen embargo, algo que sempre vai estar presente é a desconfianza pois, cando trataba de difundir este tema, moitas das persoas coas que me relaciono insisten na gran desconfianza que teñen por participar en calquera actividade por páxinas web. Esta causa levaba estancada varios meses, pois xa ma compartiran fai bastante tempo e, aínda que houbo un aumento considerable de participantes, convencer ás persoas de que se fagan partícipes destes movementos desde páxinas web é bastante difícil, e xa non só pola desconfianza, senón porque a gran maioría adoitan pasar de todo esto e preocuparse unicamente polo que lles interesa, o cal é moi egoísta pola súa parte xa que con un só "click" podemos facer bastante.

Comentarios
Publicar un comentario